tag:blogger.com,1999:blog-2363096462481245821.post5943223147146785475..comments2022-04-04T18:22:24.384+02:00Comments on CUADERNO DE LAS LETRAS: EL DILEMA DE LOS ERIZOSMaría Joséhttp://www.blogger.com/profile/06730754385967814318noreply@blogger.comBlogger3125tag:blogger.com,1999:blog-2363096462481245821.post-57831455176929097242008-11-01T20:43:00.000+01:002008-11-01T20:43:00.000+01:00Benvido sexa tal eloxio, por parte de Javier Cerca...Benvido sexa tal eloxio, por parte de Javier Cercas, da cortesía ( algo que,por certo, temos a gala e practicamos neste Cuaderno de las letras), un concepto que está moi alonxado da corrección política e que tan necesario é para encararse ó Outro como complemento, aportación vital, antes que rival e adversario.
Unha tese, se ampliamos o campo de Cercas (tentado estou de escribir " se rachamos as cercas ") e da cortesía, que defendeu hai moitos anos Kropotkin na súa obra O apoio mutuo, na que desenmascaraba o darwinismo malintencionado e propugnaba a solidariedade consciente e sen dobrez:
"O apoio mutuo non só é unha lei da natureza, salvo en animais que viven en condicións un tanto artificiais, ou entre especies en decadencia, senón que tamén é, según Kropotkin, o factor de evolución máis importante nas especies sociais:
"A vida en sociedades permite resistir ós animais máis flebes, ás aves máis flebes e ós mamíferos máis flebes, permítelles protexerse das aves máis terribles e dos animais de presa; permite a lonxevidade; permite á especie manter ás súas crías co mínimo gasto de enerxía e manter o seu número a pesar dunha tasa de nacemento moi baixa; permite ós animais gregarios emigrar na busca de novos asentamentos. En consecuencia, aínda admitindo plenamente que forza, rapidez, cores protectoras, astucia e resistencia á fame e ó frío, que mencionan Darwin e Wallace, son outras tantas cualidades que fan ó individuo, ou á especie, máis aptos en determinadas circunstancias, cremos que a sociabilidade, en calquera circunstancia, é a maior vantaxe na loita pola vida. As especies que voluntaria ou involuntariamente a abandoan están condeadas á decadencia; mentres que os animais que saben combinar mellor seus esforzos teñen maiores oportunidades de supervivencia e de posterior evolución, anque poidan ser inferiores a outros nesas facultades enumeradas por Darwin e Wallace, salvo a facultade intelectual."

Intelixencia, nutrida pola linguaxe, imitación e experiencia acumulada, son para Kropotkin " unha facultade eminentemente social ". Ademáis, o feito mesmo de vivir en sociedade forza a desenvolver, anque sexa en forma rudimentaria, ese " sentido colectivo de xusticia que acaba convertíndose en hábito " sen o cal é imposible a vida social."

O apoio mutuo fronte á supervivencia do máis forte, por riba de nacións, estados e gobernos, a prol dunha elemental sociedade convivencial.
E de non ser así, que lle dean polo saco ó home e ás súas pompas. Amén.
En consecuencia, aquí estamos por se fixera falla.

(A xeito de aclaración: chego dunha sobremesa de conversación intelixente e licores cordiais, o cal pode embotar as miñas aportacións.)Ubúnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2363096462481245821.post-21356572464406967792008-11-01T22:33:00.000+01:002008-11-01T22:33:00.000+01:00Ourizos e raposas. EL ZORRO - Soy...Ourizos e raposas.

EL ZORRO
- Soy emblema de la astucia y de la truhanería - me confiesa el zorro -.(...) Cazo al erizo dándole la vuelta y poniéndole patas arriba y así puedo burlarme de sus púas.
Javier Tomeo. EL NUEVO BESTIARIO.Ubúnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2363096462481245821.post-4093149589567962842008-11-04T22:49:00.000+01:002008-11-04T22:49:00.000+01:00"Somos históricos porque estamos inexorablemente l..."Somos históricos porque estamos inexorablemente ligados al tiempo presente y no podemos sacrificarlo ni a la gloria intocable del pasado ni a la fantasía del deseo insatisfecho en el futuro. Somos históricos porque no podemos conciliar ni dejar de conciliar, lo que es y lo que debería ser. Somos zorras perdidas en la trama de la historia y quiiéramos ser erizos y cortar la trama y acceder a la cegadora luz de la verdad que la ilumine por el denso revés.
BLAS MATAMORO, "Las zorras quieren ser como los erizos"maría josénoreply@blogger.com