22 de marzo de 2012

BALADA NAS PRAIAS DO OESTE


" QUE O MEU CORAZÓN non guíe a nau
e que a lingua do vento non empreñe a hora do home.
Que as palabras de sal das aves viaxeiras
non teñan compasión de nós.
Nós,
feitos cos vimbios do fin,
cos dourados farrapos do solpor de Europa,
cos ollos comestos no devecer do ceo.
Nós imos partir
tan lonxe como a sede e a noite das áugas,
onde aniñe a vella águia da soedade,
onde ferinte, a lus, faga xustiza.
Nos outeiros irados, nos bosques ateridos,
ficará o corazón E A CINZA DA MEMORIA."
MANUEL RIVAS



0 Comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

 
Optimizado a 1024 X 768 de Resolución de Pantalla. Diseñado por Víctor V.Q. para Cuaderno de las Letras