Ronseis de Pasos Encantados,
comienza con la poeta Rosalía de Castro, nuestra Rosalía gallega y universal cuyos pasos pondrán voz, una voz poética, a esos lugares vividos, siempre presentes en su memoria: Santiago de Compostela , Padrón, Iria Flavia... Andemos pues con Rosalía sentindo o ronsel profundo das súas palabras.
Tal coma as nubes /que leva o vento,/i agora asombran,/ i agora alegran/os espacios inmensos do ceo,/así as ideas/ loucas que eu teño,/as imaxes de múltiples formas /de estrañas feituras, de cores incertos,/agora asombran,/agora acraran,/o fondo sin fondo do meu pensamento.
FOLLAS NOVAS
Ver Vídeo
Música: Luar na Lubre ( Tradicional)
3 Comentarios:
Non estaría de mais engadir algo sobre a influencia de seu home na súa vida e na súa obra...... Tamén é importante situala na historia dun pobo (o galego) que foi tratado con bastante dureza no Madrid da época.
En xeral, gústame moito o teu "blog". Parabens!!! Ánimo para seguir así porque está claro que trátase dun traballo que leva tempo i esforzo....
Gracias polo teu ánimo. Gustaríame explicarche que esta entrada de Rosalía " Ronseis de pasos encantados"céntrase fundamentalmente en facer un vídeo con IMAXES E PALABRAS dunha serie de autores e autores: a primeira, como ves, é a nosa poeta. Non obstante, penso facer algo sobre Rosalía contextualizando a súa figura e obra.
Un saúdo, María José
"...De Rosalía me han dicho que gustaba de escribir a la hora vespertina, a la hora de entre lusco y fusco, y llegaba un momento en que se encontraba escribiendo en plena tiniebla, y silenciosamente le encendían una lámpara para que pudiese continuar. Pero, ¿podía la luz de la lámpara con la sombra, verdaderamente necesitaba la luz Rosalía para escribir?"
Dado que non topo unha entrada anterior ó 17 de Maio de 2008, vou supoñer que mañán teriamos que felicitarnos e celebrar o 1º aniversario do CUADERNO DE LAS LETRAS.
Como, ademáis, a data coincide, casual ou intencionadamente, co Día das Letras Galegas, pareceume oportuno expresar a noraboa antre estes ronseis rosalianos. Así, pois, parabéns.
Dicía felicitarnos e dicía ben porque, gracias ó CUADERNO, no curso deste ano puiden consolidar a miña amizade con María José, como ela ben sabe e a min me gostaría, e xa sería bastante. Pero tamén porque nel coñecín xente, aínda siquera de xeito virtual, e sostiven duelos dialécticos, actividade que nestes tempos de pensamento flebe e solucións violentas é moi de agradecer, e rendinme sen condicións, para aprender algo, á divina Eulalia, á que lle desexo todo o mellor pero á que lle reprocho que nos deixara orfos da súa palabra.
En fin, son moitas as razóns polas que reiterar os meus parabéns por este recuncho de cultura e brindar pola boa saúde da criatura.
"He tenido una fe, he tenido la sensación de haber visto el mundo por medio de la palabra. De haber descubierto, de haber reinventado el mundo por medio de la palabra, de haber utilizado la palabra como llave y como elemento casi mágico para descubrirle el rostro al mundo, averiguar algo de la condición humana, abrir algo de la tierra que vemos, del paisaje y de la luna que se pone(...)
Y es con la palabra, y exclusivamente con la palabra, con lo que empiezan a escribirse los poemas." Álvaro Cunqueiro
Así tamén o querería eu neste CUADERNO.
Publicar un comentario