"Qué alta está la luna...Marcel Proust creía de pequeño que todos los libros tratan de la luna. A mí me pasa eso con las canciones. Casi todas las que más me gustan tienen que ver con ella."
Plenilunio, Antonio Muñoz Molina
Ella Fitzgerald & Louis Armstrong: Moonlight In Vermont
A dos buenos amigos
2 Comentarios:
Imos ver: Plenilunio, cancións "lunares" e un francés de por medio ... Medida por medida, aí vai a miña aportación.
"Había lúa chea/ti sabes que son moi sensible/demasiado sensible, verdadeiramente moi sensible/son demasiado sensible/á lúa chea.
(...) O fermosa lúa/implóroche que non me loquées esta noite/O fermosa lúa, deusa ancestral/implóroche unha vez máis/que esta noite non me voltes tolo." LA LUNE, canción do francés Arthur H, que conta unha historia ben truculenta.
Dende o día 16, desfrutamos de lúa nova.
Federico García Lorca, xunguindo a "língua inútil" coa inutilidade da poesía, compuxo este poema "lunar":
¡Fita aquel branco galán,
olla seu transido corpo!
É a lúa que baila
na Quintana dos mortos.
Fita seu corpo transido
negro de somas e lobos.
Nai: a lúa está bailando
na Quintana dos mortos.
¿Quén fire potro de pedra
na mesma porta do sono?
¡É a lúa! ¡É a lúa
na Quintana dos mortos!
¿Quén fita meus grises vidros
cheos de nubens seus ollos?
¡É a lúa! ¡É a lúa
na Quintana dos mortos!
Déixame morrer no leito
soñando con froles dóuro.
Nai: a lúa está bailando
na Quintana dos mortos.
¡Ai filla, co ar do céo
vólvome branca de pronto!
Non é o ar, é a triste lúa
na Quintana dos mortos.
¿Quén brúa con este xemido
dímenso boi melancólico?
¡Nai: É a lúa, a lúa
coronada de toxos,
que baila, e baila, e baila
na Quintana dos mortos.
DANZA DA LÚA EN SANTIAGO.
O propio Lorca ten outro poema con lúa, recollido na sección VI de POETA EN NUEVA YORK, entre os "Poemas de la soledad de Vermont", precisamente. O seu título é Luna y panorama de los insectos (Poema de amor).
Publicar un comentario