15 de octubre de 2009

"A VERDADE CIENTÍFICA E A VERDADE FILOSÓFICA"

"No tu verdad: la verdad./ Y ven conmigo a buscarla./ La tuya, guárdatela". Antonio Machado

"(...) A verdade científica, a verdade física, posúe a admirable calidade de ser exacta, pero é incompleta e penúltima. Non se basta a si mesma. O seu obxecto é parcial, é só un anaco do mundo e ademais parte de moitos supostos que dá sen maís por bos; polo tanto non se apoia en si mesma, non ten en si mesma o seu fundamento e raíz, non é unha verdade radical. Por iso postula, esixe integrarse noutras verdades non físicas nin científicas que sexan completas e verdadeiramente últimas. Onde acaba a física non acaba o problema; o home que hai detrás do científico necesita unha verdade integral, e queira ou non, pola constitución mesma da súa vida, fórmase unha concepción completa do universo. Vemos aquí en clara contraposición dous tipos de verdade; a científica e a filosófica. Aquela é exacta pero insuficiente; esta é suficiente pero inexacta. É resulta que esta, a inexacta, é unha verdade máis radical que aquela- polo tanto e sen dúbida, unha verdade de máis alto rango- non só porque o seu tema sexa máis amplo, senón mesmo como modo de coñecemento; en suma, que a verdade inexacta filosófica é unha verdade máis verdadeira."
Ortega y Gasset, J., ¿Qué es filosofía"

La verdad científica y la verdad filosófica
se necesitan a pesar de sus diferencias. Con estas palabras de Ortega- surgidas a propósito de una conversación con un compañero de Filosofía sobre Ágora, la última película de Amenábar - os doy de nuevo la bienvenida a esta casa, silenciada, pero nunca olvidada por mi parte. Gracias por vuestras intervenciones. Gracias Ubu, Epi, Eulalia ( que está de aniversario). A todos gracias.

4 Comentarios:

María José dijo...

Que se enfrenten la verdad y la falsedad; ¿acaso se ha visto alguna
vez que la Verdad sea derrotada en una confrontación franca y leal?

John Milton

Ubú dijo...

Ben está que se volten oír voces nesta ágora.

Non sei se John Milton peca máis de optimista ou de inxenuo. En todo caso, aceptado o concepto de falsidade e tódalas súas connotacións ¿cómo pode Milton confiar nunha confrontación "franca e leal"?
Pero aínda admitindo a victoria da Verdade, o asunto non quedaría resolto tan doadamente, como nos fai ver José Bergamín: "La vida no puede ser nunca criterio de verdad -pensaba Newman. Sólo la verdad puede ser criterio de vida. Pero los Pilatos "vitalistas" -o vividores- de profesión, seguirán preguntando siempre: ¿qué es la verdad? Porque les conviene. Aunque tengan delante a la misma verdad hecha vida"

Con respecto ó tema das dúas verdades que da orixe a esta entrada, Bergamín outra vez, di: "La ciencia pone y la filosofía dispone"

pseudotimón dijo...

A verdade é algo que a miúdo se confunde coa avidez de novidades, pois éstas non esixen o esforzo da profundidade, nelas o sentido da vista é o principal instrumento e ademais non conlevan un cambio na persoa, nin un posicionamento, todo o mundo parece aceptalo sen máis por ser actual...
Pascal afirmaba que " o último paso da razón é recoñecer que hai infinitas cousas que a superan"; este paso implica recoñecer os enigmas, buscar en pozos sen fondo, pero ai! no camiño a verdade é como a huminade, refresca contra a tediosa supercifie, xera serenidade nas presas da novidade, plenifica, e entón coma dicía Spinoza, descobres que "a verdade é proba de sí mesma". Enhoraboa polo blog

Ubú dijo...

Non sei se o suprascrito participante é pseudotimón por parte do Timón de Atenas shakespeariano ou por parte do Timón o misántropo de Luciano de Samósata anque, pola natureza da entrada, debe selo por Timón de Fliunte, o escéptico.
Vou dar por válida esta suposición e copio de seguido un fragmento de Bertrand Russell sobre Timón e os escépticos.

"Observarase que o escepticismo como filosofía, non é meramente dúbida, senón o que se pode chamar dúbida dogmática. O home de ciencia di: "Creo que isto é así e así; pero non estou seguro". O home de curiosidade intelectual di: "Non sei cómo é, pero espero sabelo". O filósofo escéptico di: "Ninguén sabe e ninguén poderá saber nunca". É este elemento de dogmatismo o que fai vulnerable o sistema. Os escépticos, por suposto, negan que sosteñan a imposibilidade de coñecer dogmáticamente, pero súas negativas non son moi convincentes.
(...) Non dubidaron (os escépticos) dos fenómenos ou da proposición de cuestións que, na súa opinión, só expresaban o que sabemos directamente en relación cos fenómenos. A meirande parte da obra de Timón perdeuse, pero dous fragmentos que se conservan ilustran este punto. Un di: "o fenómeno é sempre válido". O outro di: "négome a afirmar que o mel sexa doce; admito en absoluto que parece doce". Un escéptico moderno indicaría que o fenómeno "ocorre" simplemente e non é válido nin inválido; o que é válido ou inválido debe ser unha exposición e ningunha exposición pode estar tan estreitamente ligada ó fenómeno como para non ser capaz de falsidade. Pola mesma razón diría que a exposición "o mel parece doce" é só moi probable, non absolutamente certa."

Publicar un comentario

 
Optimizado a 1024 X 768 de Resolución de Pantalla. Diseñado por Víctor V.Q. para Cuaderno de las Letras